A arousá correrá en Barcelona unha carreira de 24 horas para a que leva semanas preparándose para esta carreira.
Este sábado comeza o reto para o que Cristina González leva meses preparándose, as 24 horas de Barcelona, que terán lugar nas pistas de atletismo de Can Dragó. A carreira comeza ás 12 do mediodía e contará, en principio, coa participación de 49 atletas dos que non todos confirmaron a súa asistencia.
Na categoría feminina está confirmada a asistencia de tres mulleres, á espera de que a italiana Giovanna Zappitelli garanta a súa presenza na carreira. Cristina chega á carreira coa única intención de facer un bo papel, mais tendo presente o rexistro de 166 quilómetros que acadou a vencedora do ano pasado. Estas previsións teñen pouco valor se temos en conta o difícil que resulta anticiparse ás cousas que poden pasar en tantas horas de carreira.
Sairemos de dúbidas no mediodía deste domingo cando rematen as esixentes 24 horas de competición.