Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ULTRAFONDO

Cristina González pecha o ano con outra vitoria

A arousana gañou con claridade as 24 horas de Barcelona e estableceu un novo récord da proba ao conseguir correr máis de 177 quilómetros.

Redacción - 17:00 22/12/2008
Cristina González durante unha carreira anterior

Cristina González durante unha carreira anterior

A corredora arousana Cristina González mantén o seu gran momento de forma e sumou unha nova vitoria coa que se consolida como a gran revelación do ultrafondo estatal neste ano 2008 que está a rematar. González levou a vitoria despois de 24 horas de dura carreira onde a fame, o esgotamento ou o frío da noite foron os principais problemas cos que se enfrontou.

Cristina aproveitou ben as 24 horas e completou unha distancia de 177 quilómetros e 700 metros, rematando na sétima posición xeral sobre os 24 participantes que chegaron ao mediodía do domingo. González gañou con claridade a categoría feminina avantaxando en máis de 40 quilómetros á segunda clasificada, a italiana Giovanna Zappitelli; e en máis de 70 á terceira, María Nuria Ruíz Solé. A primeira posición xeral ocupouna Ángel Marcos de la Mata, despois de correr máis de 220 quilómetros.

Con este resultado, Cristina González rebaixa o anterior rexistro en máis de 14 quilómetros e consolídase como candidata a realizar un bo papel no mundial do ano próximo.

Parella chea de vitalidade
Por outra banda, o compañeiro sentimental de Cristina levou a vitoria nunha carreira de seis horas disputada durante a noite. Alberto Meléndez percorreu 72 quilómetros e 800 metros, rematando cunha vantaxe superior aos cinco quilómetros sobre o seu inmediato perseguidor, Jordi Marí.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: