Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Suárez

A biografía dun poeta emigrado

11:00 20/07/2009

Don Dombate rematou de ler a biografía de Antón Zapata García, o poeta laxense que morreu en Bos Aires en 1953, mentras escoitaba “O cantar de Mari-Pepa” na voz do gran Suso Vaamonde. As 300 páxinas da edición lénse case sen decatarse porque ademais do interese que esperta a figura de Zapata hai que indicar que o autor deste traballo é Miro Villar, o cal é unha garantía de calidade literaria.

O noso vello borneirán aínda lembra cando coñeceu ao mozo Antón en febreiro de 1903. Aquel día falaron de Eduardo Pondal porque era neto dun sobriño do bardo de Ponteceso e do servizo militar. Comentou que era o momento de marchar para América. Acababa de cumprir 17 anos e había que espelir para non ter que afastarse longos anos polas terras do norte de África. Quedaron en que axiña volvería para contarlle se nas rúas de Bos Aires ataban os cans con chourizos.

    Haberá que ir pensando en homenaxes ao autor da Roseira da soidade. Non esquezamos que ademais de ser un bo escritor ---ao que Méndez Ferrín inclúe dentro da xeración Nós--- foi un emigrante comprometido coa defensa da II República. Sei que na capital arxentina, en concreto no A.B.C. de Corcubión, recibirán cunha fraternal aperta ao doutor ceense en Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Suárez

Manuel Suárez Suárez naceu en 1953 en Vimianzo (Terra de Soneira). Con só cinco anos emigrou coa súa nai a Montevideo, onde se licenciou en Dereito. No Uruguai participou activamente na vida asociativa galega e dirixiu a publicación trimestral Guieiro. Tamén publicou o libro "Memorias Riopratenses" (2003). »



Anteriores...