Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: entrevista-santiago-g-avion-vilarchan-secretariado-xitano

24/Outubro/2007 /

“A discriminación é unha realidade cotiá para miles de galegos e galegas”

Santi G. Avión. Irimego de honra, exerce de dinamizador da solidariedade organizada, de impulsor de utopías e de deseñador de futuros distintos e posibles. Co seu ensaio “Abrente incerto” gañou en 1988 o premio Vicente Risco. Actualmente é o responsable territorial do Secretariado Xeral Xitano en Galicia.


O pasado domingo, 14 de outubro, os veciños do lugar de Vilarchán, na parroquia de Tourón, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, decidían comprar mancomunadamente unha casa do lugar, logo de celebraren tres asembleas para tal fin. O feito, insólito, obedece ao rexeitamento dunha familia xitana procedente do Vao, en Poio, que tiña apalabrada esa vivenda para iniciar alí unha nova vida. Irimia entrevistou a Santiago González Avión, director territorial da Fundación Secretariado Xitano en Galicia.