Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CONCURSO DE POSTAIS E LUDOTECA DE NADAL DE XACARANDAINA

A Asociaciación Cultural Xacarandaina convoca unha nova edición do seu Concurso de Postais de Nadal e a súa Ludoteca de Nadal, un entretemento asegurado nestas datas.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 11/12/2009 11:28

A Asociaciación Cultural Xacarandaina convoca unha nova edición do seu Concurso de Postais de Nadal, no que se pretende fomentar a creatividade dos cativos e cativas de Educación Infantil e Primaria e no que se incentiva a investigación na nosa cultura galega.

Como ven sendo habitual, este ano Xacarandaina volve a realizar a Ludoteca de Nadal, un entretemento asegurado, coa que se contará con cine de animación en pantalla xigante, xogos tradicionais e cooperativos, manualidades, globoflexia, lectura, cultura tradicional etc.

Poderán apuntarse todas as nenas e nenos de 3 a 12 anos.Os días nos que se elaborará a ludoteca son o 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e o 4 e 5 de xaneiro. O horario comprenderá de 09:00 h. a 14:00 h. (5 horas de diversión garantizada!).

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:

Asociación Cultural Xacarandaina ............................ 981 277 315
Correo electrónico ................................................. info@xacarandaina.com


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



CONCURSO DE POSTAIS E LUDOTECA DE NADAL DE XACARANDAINA