Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xa podes decargar dende www.fceer.org un libro sobre Portugal e a paz

Un novo libro se suma as máis de 250 referencias bibliográficas que figuran no Centro de Documentación do Centro de Estudos Eurorrexionais.

Enviada por queiroga queiroga o 04/09/2009 14:51

Este potente motor de procura nesta mesma web supón un dos mellores soportes de información sobre Galicia e Portugal. O Centro de Documentación naceu coa intención de albergar un espazo web para a difusión de libros de temática eurorrexional, como unha ponte máis na creación de comunidade

No apartado de novidades, podedes ver este novo libro escrito polo Profesor Doutor João Portugal Vieira , tituladoPortugal and Peacebuilding: Colonial Memories and Contemporary Crossroads, foi editado por FRIDE e CES. A oportunidade de poder descargalo de balde supón un acercamento da cultura e do coñecemento e brindanos a oportunidade de acercarnos a política implementada por Portugal na construción da paz.

Este libro súmase por tanto a unha morea de libros, que seguen en aumento. Dende aquí queremos animarvos a que nos suxirades libros, ou investigacións, para poder facilitar o acercamento do coñecemento a todos/as nós.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xa podes decargar dende www.fceer.org un libro sobre Portugal e a paz