Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Censura no Correo ó comentario dun artigo galegófobo

No El Correo Gallego de hoxe, tres de setembro do 2009, impedíuseme comentar o artigo galegoexterminador do articulista de cabeceira Carlos Luis Rodríguez. Disque están ... actualizando o servidor. Porén, os comentarios doutros opinadores semella teren entrada sen maior problema.

Enviada por LOIS_DE_SILAN LOIS_DE_SILAN o 03/09/2009 19:43

http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/sumerjan/idEdicion-2009-09-03/idNoticia-463700/

"Lo que se va a combatir mediante las proclamas y manifestaciones de rigor no es la política de la Xunta, sino la voluntad de la mayoría de los gallegos".

--> A MAIORÍA votou biparto. A maioría dos que votaron rexeitou as propostas lingüicidas do PP-GB!

" Los protestantes estarán en su derecho al alzar su voz contra algo que no les gusta, pero incurrirán en una falsedad si invocan a un pueblo que ni les pertenece, ni les hace caso".

--> O POBO fíxolle caso ó bipartito! A lei d'Hont transferíulle ó PP a maioría de escanos. Sería absolutamente lexítimo reivindicar as posturas lingüísticas do bipartito fronte ás do PP-GB.

"Esa política era, en efecto, del PP antes de las elecciones, pero después pasa a ser patrimonio común de los gallegos que la votaron, bastantes".

--> Votárona os que queiramos; mais, NON A MAIORÍA!! Conseguintemente NON é nin pode ser patrimonio dos galegos. É unha política EN CONTRA do pobo galego.

"Más tarde, la consulta a los padres demostró que los modelos de inmersión lingüística, o más bien ahogo, merecen un rechazo mayúsculo".

--> A consulta (onde están as consultas sobre os outros aspectos da acción política?) só é un intento de botarlles a culpa ós pais do incumprimento da obriga constitucional de usar na Galiza a lingua propia do territorio, o galego, como se usa en Castela, a propia do territorio, o castelán. Só é un intento de atopar apoio ás pretensións galegoexterminadoras do conglomerado PP-GB. De aí que non se admitisen nin luz nin taquígrafos, testemuñas de ningún tipo.

"Con razón ciertos grupos se empeñaron en boicotear la democrática iniciativa ...".

--> Se persigue un obxectivo claramente contrario á Constitución non lle acae ben o cualificativo de "democrática".

"...  sospechaban que los resultados serían los que fueron".

--> Non sabemos cales foron os resultados ... só os que deron quen anticonstitucionalmente a xestaron e a pariron!

"Ni el boicot consiguió disuadir a los padres, ni las denuncias de fraude se confirmaron con pruebas".

--> Onde estiveron os observadores imparciais? Ben que se encargaron os organizadores da trangallada de que non os houbera! Con observadores imparciais non se poderían inventar os resultados.

" El fraude consistía en aplicar unos criterios idiomáticos inspirados en el complejo de inferioridad, en la vergüenza que algunos sienten al no portarse los gallegos de acuerdo con los catecismos de la corrección idiomática".

--> Complexo de inferioridade tédelo quen vos agarrades ó castelán no canto de usardes a lingua ESPAÑOLA propia do territorio.

"Por paradójico que parezca, en la actitud de los inquisidores de la lengua hay un profundo antigalleguismo. No hay otra forma de calificar la manía de despreciar la voluntad del país cuando no coincide con las ortodoxias minoritarias".

--> Polo de agora a vontade do país sigue sendo nesta materia coincidente coa acción do bipartito!

" ¿Eran poco gallegos los padres que apostaron en la encuesta por la enseñanza bilingüe, o tienen déficit de galleguidad los que se empeñan en no aceptar Galicia como es?".

--> Non sabemos o que dixeron os pais porque non nos deixaron, e non son os pais quen deben implementar a obriga constitucional de que na Galiza se use a súa lingua propia coma en Castela a súa.

"Hace poco, un nacionalista destacado reflexionaba sobre la encrucijada actual del movimiento, con una advertencia llena de sabiduría. Decía que el nacionalismo no se puede dirigir al nueve por ciento de la población (estaban recientes los resultados de las europeas), porque eso lo conduciría a la total marginalidad".

--> Hai distintas vías para cumprir a obriga constitucional de uso do galego na Galiza coma do castelán en Castela; porén, o que non cabe é obvialo ... nin polos nacionalistas dun lado nin polos dos outros lados! O poder público non é para que a un lle regalen os traxes senón para xestionar os intereses xerais de acordo coa Constitución.

"¿Y puede hacerse una política lingüística pensando sólo en un porcentaje parecido de ciudadanos?".

--> As políticas, lingüísticas ou non, deben pensar nos intereses xerais, non en porcentaxes de intereses particulares!

" ¿Debe un Gobierno democrático hacer caso omiso de la mayoría, y dejarse guiar por los que importan modelos idiomáticos distintos y distantes a nuestra idiosincrasia?".

--> A maioría apoiou o bipartito e o modelo idiomático é o previsto na Constitución: na Galiza na súa lingua coma en Castela na súa.

" ... considerar más gallego al que copia por ejemplo la política idiomática de la Generalitat, que al que procura fabricar otra que se adecúe a la voluntad de los ciudadanos de Galicia".

--> A vontade dos cidadáns na Galiza sigue sendo a da Constitución (na Galiza en galego coma en Castela en castelán) ... co ritmo marcado polo bipartito!

"Quienes plagian son los continuadores de aquella tendencia política e intelectual que miraba a Madrid con el mismo arrobo que un musulmán a La Meca. En vez de Madrid, Barcelona".

--> Mirar para aquí significa mirar EN GALEGO! ... non te vexo polo labor!

"El debate que se quiere transformar en otoño caliente no sólo es lingüístico, no sólo opone dos formas de entender la normalización, la promoción del gallego o su uso en las aulas. También es un debate sobre los principios elementales de la democracia y la base del galleguismo. Tanto la una como el otro son negados por los que preparan manifiestos y protestas intentando suplantar a la Galicia real".

--> Xa vimos cal é a Galiza real ... BIPARTITA!, e quen sodes os que a negades!

"En Grandola vila morena es el pueblo el que más ordena. No las academias, ni las mesas, ni algunos organismos culturales, ni ciertos intelectuales por brillantes que sean. Ese pueblo optó aquí por un camino para la convivencia lingüística, contra el que se alzan los nuevos aristócratas".

--> E onde máis ordena é na CONSTITUCIÓN (na Galiza en galego coma ...). E matizou o ritmo na liña do bipartito.

"¿Inmersión? Que se sumerjan ellos".

--> Constitución? Que a cumpran eles!


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: