Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Chega a décima edición da Festa Folc de Vilariño

A Asociación Cultural O Gato de Vilariño organiza a X edición da Festa Folc. Para o seu décimo aniversario, O Gato apresenta unha semana chea de actividades que rematarán co concerto na praia o día 22 de agosto cos Carunchos, Berrogüetto, Quempallou e Ruxe Ruxe.

Enviada por lavesedo lavesedo o 19/08/2009 13:01

Os Carunchos, Berrogüetto, Quempallou e Ruxe Ruxe subirán este sábado 22 de agosto apartir das 22:30h ao escenario da praia de Vilariño, O Hío-Cangas do Morrazo, para nos facer gozar coas súas actuacións. Ademais a AC O Gato organiza a 3ª Semana Cultural "Marta Entenza", que se está a desenvolver estes días. Entre as actividades destacan a Mexilloada Popular do sábado á mañá e o interesante concurso "Todos contra Fer", onde quen queira se poderá enfrontar ao campión do concurso "Cifras e Letras" da TVG.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: