Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os estados latinoamericanos desfechan as portas da OEA, á república de Cuba

  Os embaixadores participantes da trinta e nove xuntanza xeral da Organización dos Estados Americanos (OEA), atinxiron este mércores un acordo para derrogar a resolución do ano 1962, que impoñía a expulsión dos representantes do goberno revolucionario Cubano, un feito histórico que pecha un período esgrevio, que é resultado do arrepor e a presión dos estados latinoamericanos, que remata cos corenta e sete anos de inxustiza.O líder revolucionario do ano 1959, Fidel Castro, coma o actual presidente do goberno Cubano Raúl Castro, rexeitaron a posibilidade do retorno ao eido da OEA, cualificando á organización coma o maior cómplice dos crimes levados adiante contra o pobo cubano. Dende os países da ALBA (Alternativa Bolivariana para las Américas) saudaron a resolución e destacan o proveito do afianzamento dos principios de "autodeterminación" e "no intervención" amosados no acordo.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 04/06/2009 02:22

  Os embaixadores participantes da trinta e nove xuntanza xeral da Organización dos Estados Americanos (OEA), atinxiron este mércores un acordo para derrogar a resolución do ano 1962, que impoñía a expulsión dos representantes do goberno revolucionario Cubano, pola la súa adhesión daquelas ao marxismo leninismo, distintos persoeiros salientaron a nova coma un feito histórico que pecha un período esgrevio, que é resultado do arrepor e a presión dos estados latinoamericanos, que remata cos corenta e sete anos de inxustiza.

O acordo impón axiña artellar os pasos que cumpra, no intre que o goberno Cubano decidira envía-lo seu representante á asemblea, o acordo adiou as diferenzas entre os distintos países ao respecto da volta do estado Cubano e recibiu o forte apoio dos gobernos de Venezuela, Bolivia Paraguai e Nicaragua, pola contra os EUA xeraron un bloque que se opoñía á devandita derrogación e promoveu unha forte lea que levou até dez horas de discusións coa finalidade de acordar a resolución.

Os trinta e catro países presentes na xuntanza desenvolvida na cidade hondureña de San Pedro Sula, acordaron, no medio de fortes aclamacións, berros e aínda batendo as mans, a resolución que derroga a expulsión do ano 1962 e deixaron o balón nos pes dos irmáns Castro, coa finalidade que dende La Habana fagan público o desexo de integrarse á meirande xuntanza dos estados americanos. Cumpre subliñar que fai xa un tempo o líder revolucionario do 1959, Fidel Castro, coma o actual presidente do goberno Cubano Raúl Castro, rexeitaron a posibilidade do retorno ao eido da OEA, cualificando á organización coma o maior cómplice dos crimes levados adiante contra o pobo cubano.

No xornal do partido comunista de Cuba, Granma, Fidel Castro, amosou a súa crenza ao respecto da OEA, na inutilidade desta organización, testemuña de anos de cacicadas e humillación aos pobos de América, e refuga das imposicións dos EUA que condicionan o retorno, dende os países da ALBA (Alternativa Bolivariana para las Américas) saudaron a resolución e destacan o proveito do afianzamento dos principios de "autodeterminación" e "no intervención", amosados no acordo final, coma as únicas obrigas da resolución, desbotando todo-los que sometan nalgún xeito a derrogación da sanción do ano 1962.

O presidente da república do Paraguai, Fernando Lugo, de visita na illa de Cuba, saúdo afervoadamente a posibilidade do retorno, á xuntanza da OEA, do estado Cubano, ao que cualificouno, coma "o berce da solidariedade latinoamericana", pola súa banda a presidenta Arxentina Cristina Fernández, gabou a resolución histórica dos países membros da organización, e láiose do adiamento xa que chega moitos anos tarde, así e todo pensa que é un sinal dos anovados ventos que enchen a rexión.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: