Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A pé da concentración diante do acto contra o galego

Xurxo Martínez González, colaborador de Vieiros, envíanos esta crónica sobre o acontecido en Vigo na tarde do mércores.

Enviada por redaccion redaccion o 21/02/2008 10:34

Unha convocatoria anónima avisou ao longo desta semana dunha concentración de repulsa contra o acto de Galicia bilingüe, combinando contra as 19:45 na entrada.


Eu cheguei ás 20h, e xa estaba o teatro tomado pola policía. Aos que pareciamos sospeitosos, mandábannos cruzar a outro lado.


Unha vez na concentración, e con boa fe que era pacífica (non houbo empurróns dos concentrados, nin berros escandalosos, nin intentos de saltarse a barreira... nada), que se xuntou na beirarrúa e nas escaleiras da Casa das Artes, berráronse consignas a prol do galego, con alusións á hipocresía de GAlicia Bi, con dúas pancartas (que non lembro que puñan) e cartulinas con lemas como "En Galiza en galego", ou "Queremos vivir en galego".


A medida que se achegaban as 20:30 había máis público congregado nas portas do acto. Foi entón, cando dun total de 7 grileiras saíron unha manchea de antidisturbios preparados. Xaora que eran de fóra, os clásicos. Logo comezaron a empurrar aos que termaban da pancarta para dentro da beirarrúa dicindo que aí non se podía estar porque non se deixaba paso ao resto dos viandantes. Eramos nese intre, unhas 150 persoas (para min, ollo).´


Foi xusto nese intre cando estoupou un petardo e a policía cargou, deixando un mozo cunha brecha na cabeza (acabou no hospital) e varios contusionados, cunha carga policial que case chega ao cruce de Colón (uns 50m). Logo se reorganizou a concentración e aguantouse. Colleron preso a un rapaz de Coruxo (J.M.P.L.) que levaron consigo e foi asesorado por un avogado (creo que da CUT) que estaba na concentración.


Do tema do petardo, hai varias testemuñas que afirma que foi un propio policía que o prendeu. Alén destas testemuñas, unha xornalista tomou nota e afirmou o mesmo. Eu non mireii de onde saíu nin que o tirou, pero iso si non me parecería raro porque estaba mirando aos da pancarta e non mirei voar ningún petardo. POdería ir polo chan? POdería, non o podo afirmar.


Xa cando as augas calmaran e á espera de rematar o acto de Galicia Bi, varios policías identificaron, canto menos, a 4 persoas e a unha tentaron levala pero ao fin, desistiron. Houbo moita tensión. A concentración trala carga viuse mermada e a xente desperdigada.


Ao rematar o acto de GAlic Bi, comezou a saír a xente e viñeron andando pola mesma beirarrúa onde estabamos nós, pola mesma mesma, e entón houbo insultos e algún amago de agarrada, pero nada. É máis, os propios antidisturbios non repararan no posíbel contacto entre eles e os que nos congregaramos, de tal xeito que mesmo eu, que lle estaba dicindo a uns rapaces que defendía o galego que deixasen a uns tipos de Ga-bi que nos increpaban, chegou un policía e empurrounos, e foi cando fixeron un cordon policial enorme, facendo de nós unha soa fila contra a parede, con ameazas (asquerosos, perras) dos propios policías e coas aldraxes e chulerías dos outros (un tipo traxeado tivo a indencencia de pararse diante da concentración, qutar un pito, encedelo e botar o aire diante uns dos concentrados.


Nesa tensión houbo varios amagos de carga.


Despois sairía Corina Porro, que acudiu ao acto, e quedouse fitando para a concentración esbozando risos sarcásticos. Non foi a única, alén doutros que berrabana: "terroristas" ou mesmo "arriba españa!".

Do acto dentro, croe que o rebentaron un par de veces diferentes persoas (6 persoas identificadas que se ergueron e 6 intres diferentes), que mesmo subrion á palestra,e foron identificadas. Si que foi un éxito de xente para eles, (eu calculo polas 500 persoas canto menos). Disque estes dous que subieron á palestra e mallaron neles moito, e mesmo no tránsito de saír volveron a ser golpeados. Disto só sei de faladurías alí.

Contra as 23h había convocada unha concentración en solidariedade, decidida por parte dos asistnetes logo de rematar o acto. co detido na comisaría de Vigo, en López Mora. Nesa concentración non che sei nada.

O rapaz qe levaron onte, nunha concentracín que houbera en Vigo, xa o avisaran ao xeito "a ti te tenemos ganas". Mesmo un polícia cando estaba identificando a unha moza díxolle "a mi háblame español que non te entiendo y ponteme relajada" Iso mireno eu e varios sindicalistas que había ao meu carón.


4,88/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: