Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRITERIO UNIFORME?

O tratamento informativo do Mundial cústalle o posto ao director da radio pública balear

Víctor Álvarez dimitiu este luns logo das fortes presións recibidas por non priorizar as novas futbolísticas.

Redacción - 11:18 13/07/2010
Víctor Álvarez

Víctor Álvarez

Un Mundial de fútbol pode acabar cunha carreira profesional. Que llo pregunten a Víctor Álvarez Jiménez. Até esta semana, Álvarez era director de IB3 Ràdio (a emisora pública balear). Nas últimas horas vén de presentar a súa dimisión logo dunha forte polémica polo tratamento informativo que se lle deu ao campionato de fútbol.

Álvarez tiña estipulado que non se abrisen os informativos xerais con informacións deportivas do mundial, cumprindo así coa liña editorial do medio que estipula que deben priorizarse as novas de carácter balear e poñer como máis secundarias as restantes.

A polémica non tardou en estourar e o directo de radio recibiu múltiples presións (moitas delas mediáticas e políticas) que acabaron por lle custar a cabeza


4.5/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: