Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
NOS PAÍSES BAIXOS

Bo papel de Aida Valiño na Copa do Mundo de Holten

A triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, única representante galega na proba, acabou vixésimo novena.

Redacción - 12:20 11/07/2010
Aida Valiño, nunha competición anterior

Aida Valiño, nunha competición anterior

Holten (Países Baixos) non volveu ser escenario de medallas galegas. A cidade na que o ano pasado se proclamara campión de Europa Xabier Gómez Noya, non deparou trunfos galegos a xeito de podio, mais a triatleta Aida Valiño, a única representante do triatlón galego, fixo un bo papel nesta última proba da Copa do Mundo.

A deportista do Cidade de Lugo Fluvial quedou vixésimo novena nunha competición que gañou a australiana Erin Densham. Esta primeira clasificada fixo o percorrido de 1,5 quilómetros de natación no Lago Domelaar, os 40 quilómetros de ciclismo e os 10 mil metros de carreira a pé en dúas horas, un minuto e 27 segundos. A segunda posición foi para a italiana Annamaria Mazzetti, a 37 segundos da vencedora e a terceira para a checa Radka Vodickova, a 1,36” da gañadora. Valiño completou a proba en dúas horas, sete minutos e 58 segundos.

IV Triatlón de Amizade Galiza-Portugal
Vilanova de Cerveira e Tomiño acollen tamén este domingo a competición da cuarta edición do Triatlón Amizade entre Galiza e Portugal. Participan máis de cen triatletas galegos de todas as categorías, ben adultos, ben menores, ben relevos mixtos. A proba de adultos, que se disputa na tarde, discorrerá no Porto de Vilanova de Cerveira (750 metros); o percorrido a bicicleta (19,6 quilómetros) será por Tomiño con remate en Portugal, despois de cruzar a Ponte da Amizade; e o sector da carreira a pé realizarase pola contorna de Vilanova de Cerveira. Entre os triatletas galegos destaca a presenza dos internacionais Óscar Vicente e Saleta Castro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: