Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE SEI O QUE NOS FIGESTES...

Chamamento para ver o España-Portugal en Valença do Minho

Os seareiros galegos poderán desprazarase até a cidade miñota para seguir o encontro futbolístico á beira dos afeccionados portugueses.

Redacción - 10:35 28/06/2010

“Menos mal que nos queda Portugal”, cantaba Siniestro Total alá polos oitenta. E agora, dende a plataforma web 'Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos' recuperan aquela aquelada proclama para asistiren ao enfrontamento futbolístico que deparou o sorteo de oitavos de final do Mundial de Fútbol de Suráfrica: España-Portugal. E que mellor lugar para contemplar nas pantallas televisivas as xogadas dos heroes deportivos portugueses e españois que un snack-bar de Valença do Minho?, pensaron os coordinadores de 'Sei o que'.

Todos os galegos (homes, mulleres e crianzas) están convidados a participar desta conxunta viaxe até á cidade miñota para integrarse coa afección portuguesa, para a que mesmo sairán autobuses de diferentes cidades, aínda por confirmar. O partido dispútase o próximo martes 29 de xuño, polo que xa está aberto o prazo de inscrición. Dende a web prometen seguir informando sobre o evento e convidan, asemade, aos seareiros galegos a non caer nas provocacións dos afeccionados españois.


4.75/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: