Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PRIMEIRA REGATA EN ARES

O Samertolaméu de Meira, primeiro líder da Liga Galega de Traíñas

O Náutico de Vigo e o Chapela completan os primeiros postos da competición, que continuará o vindeiro domingo en Esteiro (Muros).

Redacción - 10:20 14/06/2010

A III Bandeira do Concello de Ares marcou o inicio da Liga Galega de Traíñas 2010. Nesta primeira regata da temporada o Samertolaméu de Meira impúxose con claridade, por diante do Náutico de Vigo e Chapela, e proclamouse vencedor e primeiro líder da competición, na que este ano toman parte 17 equipos. A tripulación meirense vén de descender da ACT e preséntase xa como o grande favorito para a liga galega e o líder a bater. Cun tempo de 18:26:31 proclamouse gañador da Bandeira de Ares e adxudicouse os 17 puntos nesta primeira proba.

Nunha xornada na que acompañou o tempo, as tripulacións comezaron a competición ligueira con un dos favoritos na primeira tanda, a embarcación de Mecos, que dende a primeira boia puxo unha distancia de dez segundos sobre a Esteirana, Ares e Coruxo, para finalizar cunha vantaxe de 20 segundos sobre a tripulación que xogaba na casa. Os do Grove finalizaron no sétimo posto final.

Na segunda manda, o dominio foi de Cabo de Cruz, o vixente campión da competición, que remou en solitario e fíxose acredor do quinto posto da clasificación. Amegrove foi o mellor na terceira tanda da xornada por diante de Robaleira, Pobra, Rianxo e AS Xubias e ocupa xa o cuarto posto da táboa a 19 segundos dos de Samertolaméu.

A seguinte proba da Liga Galega de Traíñas será o próximo domingo día 20 de xuño, na V Bandeira Concellos de Muros Esteiro.

Clasificacións na III Bandeira de Ares
1ª Tanda: A.D. Esteirana, C.R. ARES, C.R. Mecos
2º Tanda: C.R. Coruxo, C. Regatas Salgado-Perillo, C.R. A Cabana, C.R. Cabo da Cruz
3º Tanda: S.D. As Xubias, C.R. Rianxo, C.R. Puebla, C.R. ROBALEIRA, Amegrove-InterRias C.R.
4º Tanda: C.R. Vila de Cangas, C.R. VILAXOAN, C.R. Chapela, R.C. Náutico de Vigo, S.D. Samertolameu.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: