Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
10º ANIVERSARIO

O día que Riazor se converteu no centro do mundo

Hai dez anos o Dépor pasaba a ser a primeira equipa galega, até agora a única, que gañaba a Liga española.

Redacción - 10:45 19/05/2010

Na década dos 90 comezou a historia do Superdepor. Logo de dúas décadas no pozo da Segunda División, o equipo de fútbol da Coruña comezaba unha etapa máxica que o levaría aos primeiros postos da clasificación de Primeira. O ramallete chegou na tempada 1999/2000, por vez primeira un equipo do país conseguía o máximo torneo estatal de fútbol. Riazor convertíase nun bastión inexpugnábel onde equipos todopoderosos como o Real Madrid ou o Barcelona suaban a camisola para intentar arrancar algún punto.

Este mércores cúmprense exactamente dez anos daquela xesta que levou o delirio á comarca da Coruña e que encheu de orgullo todo un país. Dous goles de Donato e Makaay fronte ao Espanyol sentenciaban a Liga.

Recuperamos algunhas das informacións publicadas por Vieiros aquel día:


3.95/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: