Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE CASTROVERDE E LUGO

O Camiño Primitivo, o gran esquecido

Adega acusa á Administración de desatender unha ruta que ofrece importantes vestixios históricos e unha gran riqueza paisaxística.

Redacción - 11:40 22/12/2009
Torre da Fortaleza de Castroverde / Imaxe: Adega

Torre da Fortaleza de Castroverde / Imaxe: Adega

O listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é interminábel. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de "ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración" cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Castroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que "se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo".

Talas e sinalización deficiente
Doutra banda, denuncian a tala de árbores centenarias, que marcan a ruta da vía histórica e que xa son un símbolo do Camiño e lamentan a expansión de plantacións de especies foráneas, que "rachan coa coherencia cultural e ambiental" do entorno.

No referente á sinalización, Adega propón que se "identifiquen axeitadamente e de xeito respectuoso as árbores senlleiras e o transcurso da ruta" e que se teñan en conta outros elementos naturais e culturais vencellados á traza histórica, recuperando fielmente a microtoponimia camiñeira".

Finalmente, piden que se realicen tarefas de limpeza e conservación das fontes, respectando a tipoloxía tradicional, e que se evite a fragmentación da integridade do Camiño con obras como a Ronda Leste de Lugo.


Ligazóns

5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Camiño Primitivo (Clique para ampliar)
Camiño Primitivo (Clique para ampliar)
Lugar de Soutomerille / Imaxe: Adega
Lugar de Soutomerille / Imaxe: Adega
Adega organizou un roteiro polo Camiño Primitivo guiado por Ricardo Polín / Imaxe: Adega
Adega organizou un roteiro polo Camiño Primitivo guiado por Ricardo Polín / Imaxe: Adega