Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dividendo dixital

A Comisión Europea recomenda acelerar a transición para darlles espazo a novas redes sen fíos

Viviane Reding puxo como data xaneiro de 2012. Aínda que en Galiza está previsto que se produza en abril de 2010, as frecuencias marcadas pola UE non quedarán libres até 2015.

Redacción - 18:15 29/10/2009

A comisaria europea de Medios e Sociedade da Información, Viviane Reding, instou os estados membros a que apurasen a transición da televisión analóxica á dixital para aproveitar as posibilidades de dispoñer de máis espazo libre no espectro radioeléctrico.

Segundo Reding, garantir que o apagón analóxico estea finalizado en xaneiro de 2012 permitirá dispoñer de espazo para servizo como internet sen fíos, teléfonos móbiles máis avanzados ou canles de televisión de alta definición. Tamén beneficiará as áreas máis remotas do continente até onde non chegou a revolución dixital por falta de interese das empresas privadas.

"O dividendo dixital é unha oportunidade única para facer unha realidade a banda larga para todos en toda Europa e potenciar os sectores máis innovadores da nosa economía", declarou. A Comisión Europea fixou como parte do espectro liberado, o comprendido entre os 790 e 862 MHz, e cuxas ondas poden atravesar edificios, pode usarse para novos servizos sen fíos, como redes 3G e 4G. Bruxelas calcula que os servizos usados nesa banda de frecuencias poden ter un valor de entre 20 e 50 mil millóns de euros.

No caso galego, a desaparición da televisión analóxica será definitiva o 3 de abril de 2010. Porén, precisamente as frecuencias de entre 790 e 862 MHz están a ser empregadas pola TDT. O Estado Español xa decidiu facer unha nova mudanza de cara a deixar libre esa banda no ano 2015.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: