Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OLIMPIADAS 2016

Río de Janeiro, tem a “coraçonada”!

Mentres Madrid volve quedar ás portas, a festa estoupa en Brasil...que celebrará os primeiros xogos na historia da lusofonía.

Redacción - 19:01 02/10/2009
Tags:

Brasil fai historia. Por vez primeira, un país da lusofonía será a capital mundial do deporte. A nación máis emerxente de América consegue tamén marcar un fito ao estrear un olimpiada no sur do continente. Durante a tarde foron caendo as cidades candidatas. Primeiro Chicago, logo Tokio e finalmente Madrid. A festa estoupaba por terras brasileiras, especialmente no seu principal ventrículo: Río de Janeiro.

O presidente brasileiro, Lula da Silva, mostraba a súa ledicia pola proclamación e reiteraba que, sen dúbida, a elección de Río significa un inmellorábel escaparate para Brasil. A conta atrás xa deu comezo e quedan menos de sete anos para que resoen as trompetas olímpicas.


4,97/5 (36 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: