Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Campaña ambiental

Contra o lume... Vai pola sombra

A Federación Ecoloxista Galega promove unha campaña de sensibilización para, aínda que a meteoroloxía axude este verán, non esquecer a ameaza de incendios.

Redacción - 10:45 11/08/2009
Tags: FEG lumes

"Vai pola sombra", lemos no cartaz que a Federación Ecoloxista Galega (FEG) distribúe por todo o país. Un instrumento máis de sensibilización contra o lume nos montes.

"Este verán en Galiza non temos sufrido o devastador efecto dos incendios como noutras zonas da península ibérica, pero todos os anos temos nos nosos bosques a súa pegada terríbel", expoñen desde a Federación. Recordan que os bosques son importantísimos non só pola grande diversidade de vida que manteñen e protexen baixo as copas das árbores "se non polo efecto de retención de auga, produción de osíxeno, a protección do solo‚Ķ.". Teñen ademais outros valores "como o de dar sombra e protexernos da calor, e de aí o lema Vai pola sombra pero tamén no senso de vai con coidado, ten coidado co lume", explican.

A iniciativa abrolla desde terras lalinenses e o cartel deseñouno o estudo de arquitectura de Luis Gil Pita e Cristina Nieto, sensibilizados a raíz da vaga de incendios de 2006. Colaboran tamén Celso Fernández Sanmartín, poeta e contacontos, a imprenta Alvarellos, a asocación ecoloxista de Lalín “Sobreira” e a Federación Ecoloxista Galega que distribúe o cartel entre as asociacións ecoloxistas para que se imprima e se colgue por toda Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: