Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON MORRERA?

O blogomillo segue vivo

O servizo de blogs en galego Blogaliza está a estudar a rede de bitácoras na nosa lingua. Xa contabiliza case oito mil, con máis de 200 actualizacións diarias.

Redacción - 12:00 19/05/2009

Aínda que xa hai anos que se falou da morte do blogomillo, o certo é que os blogs en galego seguen a medrar. Blogaliza está a realizar un estudo, que publicará nos próximos días, sobre os datos estatísticos do blogomillo.

Pero xa se poden consultar algúns detalles, dos que nos fai un avance Tati Mancebo na súa bitácora. Segundo as últimas estatísticas, arredor de 230 blogs actualízanse cada día e máis de mil cada semana. Porén, hai case 4.500 que levan seis meses en barbeito.

Despois dun laborioso traballo de procura e etiquetaxe de blogs, que aínda non rematou, contabilízanse case oito mil representantes do blogomillo, con máis de medio millón de ligazóns. Isto quere dicir que a comunidade segue viva e medrando, aínda que aparentemente non estea tan unida como na súa "época dourada".


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: