Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol

Un presunto amaño entre Athletic e Levante axudoulle a descender ao Celta

Segundo unha gravación, os bilbaínos mercáronlle ao Levante o partido que lles faría permanecer en Primeira. Mentres, o Celta baixaba a Segunda, a pesar de gañar.

Redacción - 14:12 04/12/2008
Aquel encontro Athletic-Levante

Aquel encontro Athletic-Levante

O 17 de xuño de 2007 o porteiro José Francisco Molina, do Levante, xogaba o seu último partido como profesional. Os dianteiros do Athletic conseguiron meterlle dous goles en San Mamés, chegando con eles á salvación, diante o seu público. O último tanto marcouno o levantino Serrano, en propia meta, mais antes viñera o do centrocampista Gabilondo.

Cos dous goles o Athletic conseguía salvarse do descenso nesa xornada final da liga 2006-2007. O Levante xa asegurara a permanencia en Primeira na xornada anterior. E o Celta era enviado directamente a Segunda, a pesar de terlle gañado ao Getafe.

Agora, un ano e medio despois, destapouse o que supostamente aconteceu aquel día de xuño nos vestiarios do Levante; un novo escándalo para o fútbol estatal, no que os principais prexudicados eran os celestes. O programa Sport CV, da cadea Popular TV del Mediterráneo, ofreceu a pasada cuarta feira a gravación dunha suposta conversa entre o presidente do Levante, Julio Romero, e o seu xogador -e, naquela altura, capitán do equipo- Iñaki Descarga. Nela, ámbolos dous falaban da venda daquela partido ante o Athletic por parte dalgúns xogadores. Sempre segundo esta suposta conversa, a vitoria bilbaína fora "adquirida" e pagada en metálico de con anterioridade.

A conversa que trouxo a polémica
Na conversa que emitiu Popular TV, o presidente do Levante e o xogador gabándose da súa presunta venda. O lateral afirma "Agora todos queren a prima. Está metida nunha caixa forte. Se ti ves o partido, non se pode dicir que estea amañado", e despois engade, "Debinllo dicir a todo o cadro de xogadores, pero se o fixese, non se fai isto". Ademais, aparece tamén, nesta gravación de 14 minutos, unha alusión ao presidente da Federación Española de Fútbol, no momento no que o presidente do Levante se alegra de ter favorecido ao "equipo de Ángel María Villar": "digan o que digan, nós temos que dicir que fomos para gañar o partido (...) Encargámonos de que Villar tamén o saiba para dicir... imos ver..., non é que che vaia dar nada, pero si que ao mellor lle estás a dicir: 'Coidado con nós. Non estamos en contra dos teus'. Para que o saiba".

Ao parecer, segundo publica o xornal madrileño El País, ademais do porteiro Molina, tamén se opuxeron ao arranxo do partido o segundo capitán e o lateral esquerdo Rubiales, o centrocampista italiano Tomassi. Os tres son citados despectivamente por Descarga e Romero nesta gravación.


Ligazóns

3.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: