Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COMERCIO ELECTRÓNICO

A empanada do país chega á internet

Unha panadaría de Vimianzo lanza unha web na que vende pan, roscas e catro variedades de empanadas.

Redacción - 13:15 28/11/2008

Se xa había tempo que se vendía marisco ou produtos da terra pola internet, aínda se botaba a faltar na rede outro produto tan noso como é a empanada. Unha panadaría de Coristanco, Valenza, acaba de poñer en marcha o seu servizo de venda en liña.

Ademais de pan e roscas, ofrece catro tipos de empanadas: de atún, de bacallao, de bacallao con pasas e de carne. Os gastos de envío son de balde para os pedidos dende a comarca de Bergantiños, que se serve coa flota de vehículos da propia empresa, mentres que para o resto do país se fai mediante unha empresa de mensaxaría.

En calquera caso, segundo as estatísticas da web, o produto que está a ter máis demanda é o pan de forno de leña, feito con trigo do país, seguido da empanada de bacallao con pasas grande.


2.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: