Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
á espera dun convite para o Giro ou para o Tour

O Xacobeo fecha o equipo para 2009 con dúas novas fichaxes

Pedro Fernández e Héctor Espadasín únense a Marcos García para conformar o grupo de 18 ciclistas cos que contará Álvaro Pino.

Redacción - 12:30 17/11/2008

O Xacobeo Galicia anunciou este luns a fichaxe de dous novos ciclistas cos que fecha o cadro de 18 corredores que han de afrontar a terceira tempada do equipo profesional galego. Os elixidos foron Pedro Fernández, chegado do Loulé portugués, e Héctor Espadasín, procedente do circuíto amateur onde competiu os tres últimos anos co Caja Rural. O equipo acada así os 18 corredores cos que se considera fechado a non ser que un convite para disputar o Giro de Italia ou o Tour de Francia obrigue os dirixentes do equipo a contratar algún ciclista máis.

Pedro Fernández Hermida é natural de Vigo e ten 32 anos. Chega ao Xacobeo despois dunha longa traxectoria de sete anos polo ciclismo portugués, onde militou no ASC - Chencho Jeans, no Ovarense e os tres últimos anos no Loulé.

Héctor Espadasín Rama naceu en Culleredo fai 23 anos e chega ao Xacobeo procedente do campo amateur. Competiu os tres últimos anos no Caja Rural, despois de comezar a destacar no Club Ciclista Cambre.

Estas dúas incorporacións únense á de Marcos García para sumar os 18 corredores cos que Álvaro Pino considera fechado o equipo, cun ollo posto no posíbel convite a Giro ou Tour. O Xacobeo mantén o mesmo número de ciclistas que tivo no ano 2008, despois de que deixaran o equipo Ramón Troncoso, Jesús Cobelo e David Abal.


4.25/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: