Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CHAMA Á ORACIÓN

O gran éxito tecnolóxico en Indonesia é o “móbil musulmán”

Chámase Hidayah, que significa "iluminación divina" e a súa principal novidade é que chama á oración e permite consultar as suras do Corán.

Redacción - 17:00 15/10/2008
O Hidayah

O Hidayah

Cada madrugada, cando aparece a luz da alba, tal e como establece o Corán, o Hidayah dispara unha alarma que anuncia a primeira das cinco oracións diarias dos musulmáns, o denominado Fajr.

Todo está pensado ao detalle, de tal maneira que a melodía do teléfono reproduce de modo fiel os toques dun "beduk", o tambor que usa tradicionalmente nas mesquitas indonesias para sinalar o momento en que se debe comezar a rezar e, a seguir, sona unha breve canción tradicional relixiosa.

Dende que saíu á venda o pasado mes de agosto, en vésperas do Ramadán, a empresa Bakrie Telecom (o segundo maior operador de telecomunicación de Indonesia) xa vendeu 100 mil unidades do Hidayah.

Este móbil está fabricado pola empresa china Huawei e baséase na tecnoloxía BREW, que posibilita que cada terminal reciba as cinco alertas diarias da chamada á oración e que se poida consultar o Corán en liña tanto en árabe como en indonesio.

O teléfono custa uns 30 dólares, mentes que o servizo de alarmas se ofrece por 20 céntimos de dólar á semana.

FWWWRANDO


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: