Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DA XUNTA

O Goberno acepta un crédito estatal de 100 millóns para mellorar as telecomunicacións

O 95% do importe, a xuro cero, destinarase a estender a banda larga e o resto a aumentar a cobertura da TDT.

Redacción - 17:30 09/10/2008

O Goberno aprobou esta quinta feira a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e o Ministerio de Industria para acceder a un préstamo a xuro cero de case 100 millóns de euros. Dese importe, cinco millóns empregaranse para aumentar a cobertura da TDT no país e o resto para estender o servizo de banda larga.

O crédito conseguírase no pasado mes de decembro, nunha xuntanza da Conferencia Sectoral da Sociedade da Información. Daquela, Galiza acadara o crédito de maior importe do Estado Español para infraestruturas de telecomunicacións, co 17,9% do orzamento total e por diante de Cataluña.

O préstamo terá un tipo de xuro do 0% e un prazo máximo de devolución de 15 anos, que non comezará até 2011.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: