Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Afectará a Serra da Enciña da Lastra, Montefurado e Os Peares

Adega presenta alegacións á autovía A76

Adega presentou alegacións ao proxecto da autovía A76 que unirá Ourense con Ponferrada e que presenta en varios treitos un forte impacto ambiental.

ADEGA - 17:47 06/10/2008

Entre os treitos conflictivos a nível ambiental destaca o paso polo Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra que a zona de maior biodiversidade tanto animal como vexetal de todo o territorio galego. A modo de exemplo esta serra contabiliza unhas 1400 especies de plantas nun reducido territorio que representan o 50 % do total das especies vexetais de todo o país.

Outros lugares conflictivos son: o paso polo monmento romano de Montefurado e os treitos denominados río Lor e río Soldón que atravesan o val do río Sil entre Quiroga e Póboa de Brollón.

Finalmente o treito de Ourense, especialmente entre o Alto da Guítara e os Peares pode producir danos graves a unha zona que está proposta para a ampliación da Rede Natura e máis como Paisaxe Protexida da Ribeira Sacra.

Entre as alegacións presentadas por ADEGA destaca o rexeitamento das alternativas propostas para o treito de Biobra (Serra da Enciña da Lastra) e máis o de río Soldón.

ADEGA solicita a elaboración de novas alternativas que reduzan o impacto xa que as actuais recoñecen impactos severos en varios aspectos importantes según consta no estudo.

Outras propostas que fai ADEGA son a construcción de túneles ou falsos túneles nos desmontes superiores a 20 m de altura, a construcción de un longo túnel que evite o impacto na zona, a revexetación de taludes con especies autóctonas e a erradicación das especies invasoras que poidan penetrar nos movementos de terras producidos polas obras, ademais da construcción de muros verdes.

En canto á calidade do estudo de impacto ambiental, deixa moito que desexar a información das especies e formacións vexetais xa que non se estuda nada a vexetación afectada fora da Rede Natura e omite a presencia de 4 especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas dentro do Parque Natutal da Serra da Enciña da Lastra polo que se solicita a reelaboración desta parte do estudo de impacto ambiental.

Tampouco aparece mención ningunha aos efectos sinérxicos da autovía A76 con outras obras destructoras do medio ambiente da Ribeira Sacra como son as obras das novas centrais hidroeléctricas no Miño e no Sil.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: