Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Vence a súa serie

Cal ensina músculo tamén en C1-500

Pasou quinto polos 250 metros pero chegou primeiro aos 500, conseguindo o pase directo á final.

Redacción - 12:10 19/08/2008

Voou sobre a auga de Beixín este martes o padexeiro cangués. Malia unha frouxa saída, que o deixaba na metade da proba en quinto lugar, David Cal remou duro no segundo treito para deixar o cronómetro en 1'48''095.

Unha primeira posición que lle dá ao galego o pase directo á final. Cal optará así a traer dúas medallas para Galiza, xa que o día anterior conseguira tamén o pasaporte para a final de C1 1000, a especialidade onde xa apañara o ouro hai catro anos.


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

toivonen1978 #1 19/Agosto/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Iste quen é?

Barcelos #2 19/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dúas de "Cal" e dúas de area, aínda que para min o de Gómez Noya e Iván Raña non é area, senó tamén cal. A culpa, moitas veces, téñena os xornalistas que venden o ouro antes de competir e logo quérense colgarse eles as medallas.

Por certo, aínda que dúas medallas sexan máis que unha, escríbese igual, con dúas eles e non con tres. (Cal optará así a traer dúas "medalllas" para Galiza...)

Barcelos #3 19/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vin as imaxes de David nos 500 e miúdo fenómeno.

Parece que lle gritase o patrón nos 250: ¡Rema David que che andan nos percebes!
E David dixese: ¡Me cajonacona, iso si que non!
Enchufóu o motor e puxo o AVE.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete