Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O XOGADOR DO DEPORTIVO NO 'DÉPOR SPORT'

Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"

Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.

Redacción - 12:30 13/08/2008

A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas". Sergio aclara tamén que o inglén ten o do BUP. Disque o inglés si é un idioma.

Sergio, nacido en L'Hospitalet e xogador da selección catalá, chegou ao Deportivo no ano 2001. Na entrevista, na que trata un cento de temas, dende as súas habilidades coa lavadora, a que idade perdeu a virxindade ou que opina do botellón, afirma tamén, preguntado polo matrimonio gai, que "o home é para a muller e a muller para o home".


Ligazóns

2,07/5 (29 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: