Na antiga estrada da estación, a carón da ponte das Ínsuas, daban sombra a uns chalés próximos.
Varias árbores catalogadas por Patrimonio que se achaban na antiga estrada da estación de Cambre foron cortadas de xeito ilegal. O BNG de Cambre demandará a actuación urxente do Concello de Cambre e máis da Deputación Provincial, esta segunda coma responsábel da vía.
Quedaban naquela zona un grupo de cinco plátanos dos que dous deles xa teñan sido cortados e un terceiro presenta un corte de motoserra. As dúas árbores cortadas facían sombra fronte a varios chalés en construción.
Xabier Iglesias, o voceiro nacionalista, puxo en coñecemento do alcalde estes feitos para que mandase á Policía Local coa fin de elaborar o informe oportuno e xa anunciaron que teñen intención de esixir que esta tala sexa denunciada ante Patrimonio e que se planten novos exemplares.
Tala no río Mero
O BNG tamén trasladou ao Concello a súa preocupación pola enorme tala que se está a facer nas marxes do río Mero, que aparenta ir máis aló da eliminación de exemplares alóctonos e enfermos. Neste senso, tras denunciar este feito por parte do BNG, o goberno local convocou unha reunión para esta mesma semana co director da obra da Confederación Hidrográfica del Norte.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
Na aldea de Perros,concello de Sarria, un residente previo arboricidio de castaños centenarios pechou con bloques de cemento e alambrada,parte dun souto que sempre estivo aberto e de disfrute colectivo, nel atopase unha capela,en pleno camiño de Santiago, esto atenta claramente contra: lei de protecion do camiño de Santiago, lei de patrimonio cultural,contra costrumbre e tradicion, pois nel cada primeiro domingo de agosto celebrase,misa,comida campestre,procesion,ou romerias como noutras aldea galegas, a asocicion amigos do souto, temolo denunciado no concello e Xunta, o mesmo tempo que reinvindicamos un area de ocio e descanso, que poidera levar unha placa na honra de Frei Martin Sarmiento, por ser os seus orixes familiares desta aldea, e pasar moi esquecido no seu ano das Letras Galegas, na aldea e no concello, este loitador pola lingua e cultura galega. NECESITAMOS SOLIDARIDADE NA REINVINDICACION