Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Este mércores comezan as emisións

Youtube levará as Olimpíadas a 77 países

A empresa acadou un acordo co Comité Olímpico Internacional para a emisión do evento en países como a India ou Nixeria onde ningunha canle mercou os dereitos.

Redacción - 13:00 06/08/2008
Todo está a punto para o comezo das Olimpíadas / Foto: XINHUANET

Todo está a punto para o comezo das Olimpíadas / Foto: XINHUANET

O sitio de vídeos emitirá desde este mércores ata o vindeiro día 24 contidos cedidos polo Olympic Broadcasting Services, departamento do COI encargado da xestión dos contidos multimedia. Trátase de noticias e imaxes que ilustren aquelo que aconteza durante estes 17 días en Beixín. Youtube creou a canle youtube.com/beijing2008. Só terán acceso a esta canle nos 77 países onde o COI non cedeu a algunha televisión os dereitos de reprodución dos Xogos Olímpicos en formato "Vídeo Baixo Demanda".

África e Asia serán os grandes beneficiados
Países como India, Corea do Sur, Nixeria, Indonesia, Iraq, Sudán, Guinea Ecuatorial ou o Congo serán algúns dos países que se aproveitarán de este acordo. A canle está a disposición dos usuarios de países de África e Asia principalmente. O motivo é que a maioría das canles de televisión encargadas de cubrir as Olimpíadas adquiriron todos os dereitos de distribución, tanto en modo "difusión", ao que teñen acceso todos os espectadores, como "vídeo baixo demanda". Este último modo permítenos un consumo máis persoal, no que accedemos a contidos que solicitamos explicitamente, e as televisións adoitan usar este formato para distribuír de certos contidos a través das súas páxinas web ou ben de canles dixitais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete