Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN PARÍS

A Icann avanza na liberalización dos dominios na internet

O organismo comeza a concretar os requisitos que terán que cumprir empresas e individuos para rexistrar novos enderezos de primeiro nivel.

Redacción - 18:05 26/06/2008
Logotipo do encontro de París

Logotipo do encontro de París

A Icann debateu este xoves en París os trámites que se deberán seguir para rexistrar novos nomes de dominios de primeiro nivel, co fin de que se estabeleza un proceso estándar e con continuidade no tempo.

O organismo leva seis anos traballando en regular o proceso para outorgar novos enderezos da internet, co fin de que determinades comunidades se vexan representadas neles. As restricións que marcaban os dominios temáticos ou xeográficos xa foran burladas hai tempo co uso, por exemplo, do dominio .tv, de Tuvalu, para páxinas relacionadas coa televisión, ou o .lu de Luxemburgo para empresas de Lugo.

O vicepresidente da Asociación PuntoGal, Camilo Regueiro, que estivo presenta na xuntanza, explicou que a concesión de novos dominios de vai facer de xeito escalonado. PuntoGal espera estar entre os primeiros novos dominios que se concedan, no primeiro semestre de 2009, pero todo "dependerá das condicións que impoñan", que serán tanto de tipo técnico como económico.

Despois dunha primeira fase de apertura, máis estrita, chegarán outras, que irán relaxando os condicionantes económicos para a concesión de novos dominios.

Regueiro quixo aclarar que isto non vai supoñer que calquera poida obter o dominio que queira, senón que a concesión estará suxeita a condicionantes, como que se garanta a súa viabilidade económica dos dominios patrocinados, e tamén se debe garantir que a comunidade á que se refiren se vexa representada nel. Así, haberá que aboar unha cantidade económica aínda por determinar para poder crear novos dominios de primeiro nivel, e tamén se poderán denegar os nomes de comunidades onde algunha entidade rexeite esa denominación, cousa que podería acontecer, por exemplo, cun .gz, .galicia ou .galiza.


4.67/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: