Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A decisión ven motivada pola continuidade da certificación forestal a NORFOR

ADEGA retira o seu apoio ao selo FSC

A certificación forestal FSC (Forest Stewardship Council) non terá o apoio da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza, cando menos até que cambie a súa posición acerca do certificado obtido por NORFOR (Norte Forestal SA), a filial madeireira de ENCE.

ADEGA - 17:05 20/05/2008

Este certificado que en teoría está para garantir unha xestión sustentábel do monte, serve na práctica para avalar os malos usos da empresa filial de ENCE para a producción forestal. Estas malas prácticas levaron a varios grupos ecoloxistas galegos a efectuar un proceso de reclamación para que fora revogado o selo FSC. Diversos problemas de xestión por parte da complexa burocracia do FSC fan que na práctica, esta NORFOR siga dispoñendo hoxe dun certificado que avala a política forestal depredadora do medio ambiente que practica esta empresa.O selo de certificación FSC que ostenta NORFOR foi conseguido logo dun sospeitosamente breve proceso de 6 meses de duración, e afecta a varios centos de parcelas espalladas por todo o país. No entanto, grupos ecoloxistas como ADEGA e a APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra) constatamos o uso indiscriminado de herbicidas como o glifosato, práticas de subsolado profundo das parcelas co conseguinte incremento da erosión, talas a matarrasa de bloques de máis de 20 Ha, e a nula promoción do uso de especies autóctonas nas súas plantacións.

Varios grupos ecoloxistas galegos, incluindo ADEGA, temos denunciado reiteradamente as malas prácticas de NORFOR e solicitado a retirada do certificado FSC desta empresa. Despois de máis de dous anos nos que se fixeron varias auditorías por parte da empresa SGS, non se produciu ningún avanzo e mesmo houbo varias reclamacións contra a certificadora SGS pola á falta de cumprimento das garantías necesarias para realizar o seu traballo e mesmo escoitar aos denunciantes.

Por todo isto, ADEGA decidíu retirar o seu apoio a FSC. ADEGA tampouco apoia á Certificación Forestal Paneuropea xa que non contempla os mínimos requisitos para garantir unha xestión forestal sustentable.

Nestes momentos ADEGA contempla a posibilidade de promover unha marca de certificación forestal sustentábel a nível galego que garanta certos requisitos ambientais e permita a produtores e consumidores/as e coñecer que a madeira presente en determinados produtos tivo unha xestión respectuosa co ambiente.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: