Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Violencia no fútbol

Propoñen multas de até 12 mil euros para dez seareiros do Celta e do Sporting

Polos incidentes rexistrados o domingo 30 de marzo en Balaídos. Tamén queren multar a un espectador do partido de futsal entre Galiza e Uruguai, do pasado 29 de febreiro.

Redacción - 12:45 10/04/2008
Violencia no fútbol

Violencia no fútbol

A Comisión Antiviolencia do Estado Español propuxo varias multas de contías entre os 4.000 e os 12.000 euros para dez seareiros (do Celta e do Sporting de Xixón) implicados nos enfrontamentos do pasado 30 de marzo en Vigo.

Aquel domingo a policía española escribiu un total de 13 actas nas que daba conta de varios incidentes, que despois foron enviadas á subdelegación do goberno español en Pontevedra, institución que, á súa vez, mandou os informes directamente ao Comité Antiviolencia.

Esta cuarta feira sóubose das sancións, que tamén contemplan, por exemplo, ademais da súa parte económica, a "prohibición de acceso a calquera recinto deportivo" por un período que vai de dous a un ano, segundo as acusacións que se refiren. En total son 49 mil euros, repartidos entre nas propostas de multa a estas dez persoas. A subdelegación do goberno español será a institución que se encargue de executar as penas.

Todos os incluídos neste informe foron identificados ao momento, agás unha persoa, membro da afección do Sporting de Xixón, que foi directamente detida por agredir a un vigués.

O Celta, pola súa banda non foi denunciado, posto que non se atoparon fallos no dispositivo de seguridade do clube.

Tamén multas polos incidentes do Galiza-Uruguai

A Comisión Antiviolencia tamén propuxo unha multa de 6.000 euros para unha persoa que asistiu ao encontro Galiza-Uruguai, alén de lle prohibir, por un ano, o acceso aos recintos deportivos por "proferir insultos e ameazas aos axentes policiais" que se atopaban no predio. Tamén, segundo indica o informe, propoñen multar outros dous seareiros por consumir substancias estupefacientes no interior do recinto deportivo.

A Federación Galega de Fútbol aparece, a seguir, proposta para unha sanción de 3.001 euros, "por deficiencias nas medidas de control de permanencia e desaloxo de espectadores", ao non impedir que un grupo de sindicalistas invadise a cancha para reivindicar un convenio colectivo para os traballadores dos centros deportivos da provincia da Coruña.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: