Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EUFORIA NOS GRUPOS CONVOCANTES E CRÍTICAS DENDE A XUNTA

O día despois da manifestación

Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, cualifica de "inxusta e electoralmente oportunista" a mobilización.

Marcos S. Pérez / Vídeo: Lucía Iglesias - 17:16 18/02/2008

Unhas horas despois da manifestación, o Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño apresurouse a afirmar que as "voces que agora se levantan" e "provocan mobilizacións" parece que "non están sendo capaces de entender" que este novo Goberno está "cambiando e protexendo o territorio e medioambiente como nunca se fixo neste país". Esta mañá foi o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, quen redundou no mesmo argumento, cualificando a mobilización de "inxusta e electoralmente optimista".

Vázquez acusou aos grupos que participaron na manifestación de defender cada un "o seu interese local e particular", mentres que a Xunta "practica unha defensa global do territorio". Ademais, o conselleiro preguntouse "onde estaban antes estes grupos", pois -dixo- "para unha vez que alguén está poñendo dereito o barco da política medioambiental neste país", uns colectivos "teoricamente progresistas", en palabras de Vázquez, van contra un goberno que defende o medio ambiente.

"Rotundo éxito da manifestación"
Pola contra, nos oitenta colectivos que o domingo encheron a praza da Quintana hoxe é un día de satisfacción e euforia. Adega fala na súa páxina web de "éxito da manifestación nacional en Compostela", a Plataforma Ártabra21 fala mesmo de "rotundo éxito" e o Comité Cidadán da Ría de Ferrol considera que foi "Un día de esperanza". Tamén hai reaccións nas páxinas e blogs de Verdegaia, Arredemo, Seiruga Limpa e o Foro do Ribeiro. Finalmente, na propia páxina de Galiza non se vende fálase de "Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio" e saliéntase que "dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha tan multitudinaria como a de hoxe".



Dez mil persoas danlle un toque de atención ao bipartito


4,79/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: