A 'Mesa por la Libertad Lingüística' reuniu unhas 200 persoas no Obelisco con bandeiras españolas e co brazo dereito en alto.
A 'Mesa pola Liberdade Lingüística' tiña autorización para esta concentración, convocada para as oito da tarde. A esa hora concentráronse uns 200 participantes que coa man dereita levantada e con bandeiras de España berraban consignas "para defender o uso por igual do castelán e o galego".
Quince minutos máis tarde chegaron ao Obelisco medio cento de persoas convocados por asociacións en defensa da lingua galega, con berros como "na Galiza en Galego" e "non estades todos, fáltavos Inestrillas", co que deu comezo un cruzamento dialéctico tenso, que estivo vixiado en todo momento polos antidisturbios.