Vieiros

Vieiros de meu Perfil


FSM

Xestionado por Vieiros
RSS de FSM
Catorce bolsas de formación de expertos

Obxectivo: profesionalización e especialización en cooperación internacional e para o desenvolvemento

Entre as axudas, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior fixa por vez primeira bolsas con destino nas axencias da ONU.

Redacción - 15:00 23/01/2008

Apoiar a formación de expertos en cooperación internacional e complementar a formación académica dos titulados universitarios son metas estabelecidas pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Nese marco, a Xunta publicou a finais de 2007 unha convocatoria de catorce bolsas de formación de expertos en cooperación internacional para o desenvolvemento. A través do investimento de 184.140 euros, duplícase así o número de bolseiros convocados o ano anterior.

Os bolseiros participan en estadías da propia dirección xeral e en proxectos que, co apoio do Goberno, se executan nos países prioritarios da cooperación galega. Tamén son destino dos bolseiros as Oficinas Técnicas de Cooperación (OTC) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e, por primeira vez, as oficinas en terreo da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e o Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM).

Desde a Xunta subliñan o significativo incremento en medios e instrumentos financeiros, e tamén en canto á extensión xeográfica que abranguen os proxectos apoiados. Iniciativas como esta irían así na liña do I Plan Director da Cooperación Galega para 2006-2009, onde se destaca a necesidade de formar persoal especializado que contribúa ao fortalecemento do sistema galego de cooperación, estabelecendo un compromiso de incrementar as bolsas de cooperación internacional en países en vías de desenvolvemento. Co mesmo obxectivo, apóianse tamén o Máster de Cooperación da Universidade de Santiago de Compostela, e o curso de posgrao relacionado da Universidade da Coruña, ademais da organización e apoio a cursos específicos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: