Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En Segunda perden Celta e Rácing

O filial do Dépor lidera a 2ªB mentres o primeiro equipo afunde na Liga

Deportivo B e Pontevedra lideran a clasificación en 2ªB, onde tamén gañou o Celta B. Caeron Lugo e Ourense.

Redacción - 20:45 06/01/2008

Complicado escenario o que se debuxa para o Deportivo da Coruña na súa estrea futboleira en 2008. Os seareiros que pasaron por Riazor este domingo de Reis na procura dalgún agasallo en forma de optimismo por parte do cadro coruñés, atopáronse co calote dun equipo sen carácter. Así, e sen necesidade dun xogo especialmente brillante, os visitantes do Atlético de Madrid levaron os tres puntos despois de furar até en tres ocasións a porta herculina: 0-3 ao final.

Non houbo sorte tampouco para os equipos galegos en Segunda División. Con todo, o Celta quedou no gume da remontada na súa visita a Tenerife. Os vigueses volven para a casa cun 3-2 malia que turraron forte na segunda metade fronte a uns tinerfeños pechados na área. Tamén fixo méritos o Rácing de Ferrol na súa viaxe a Euskadi, pero finalmente o Alavés colleita os tres puntos co 1-0 final.

Xa que logo, para atopar as vitorias galegas hai que ir até a 2ªB, onde especialmente o Deportivo B e o Pontevedra amosan un excelente momento de forma. No caso dos coruñeses, coa vitoria deste domingo no campo de San Sebastián de los Reyes, 0-1, chimpan ao primeiro posto da clasificación, cun total de 38 puntos. Só un chanzo por baixo está o Pontevedra, que esta semana triunfou no seu campo diante do Pájara Playas, 3-1, mantendo a inercia do bo xogo despois da loitadora eliminatoria desta semana diante do Zaragoza. E na mesma categoría, tamén foi resolutivo na estrea de 2008 o Celta B, 2-0 fronte ao Fuenlabrada. As derrotas: a do Ourense en Alcorcón, 1-0, e a do Lugo en Fuerteventura, 2-0.

Vai o Dépor cara á Segunda: opina no Open Vieiros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: