Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTUDO DE TORRENTFREAK

'Heroes' e 'Transformers', serie e filme máis descargados en 2007

A primeira tivo case dous millóns e medio de descargas da web de torrents Mininova. Velaí á procura do que remexen na web os internautas.

Redacción - 11:04 13/01/2008
Protagonistas da primeira temporada de 'Heroes'

Protagonistas da primeira temporada de 'Heroes'

Segundo un estudo do blog TorrentFreak, a serie Heroes e o filme Transformers foron os produtos audiovisuais máis descargados da rede durante 2007. Hai que salientar que o informe só fai referencia ás descargas da web recompilatoria de torrents Mininova e, polo tanto, aos contidos descargados a través do sistema de intercambio de arquivos Bittorrent. Aínda así, poden ser datos significativos das preferencias do público internauta de todo o mundo.

O estudo, titulado "Os dez programas e filmes máis pirateados de 2007", pola condición de ilegais deste tipo de descargas no seu país de orixe, o Reino Unido, reflicte que as series tiveron un número de baixadas superior ao dos filmes, precisamente pola súa natureza seriada. Así, a serie fantástica Heroes, cuxa primeira temporada foi emitida pola TVG e a segunda rematou en decembro nos EUA, achegouse ás 2.500.000 descargas. En segundo posto, a bastante distancia, atópase o programa divulgativo sobre o mundo do motor da BBC Top Gear, con 1.217.000 descargas. Completan o Top 10 Battlestar Galactica (706.000), Lost (705.000), Prison Break (608.000), Desperate Housewives, 24, Family Guy, Dexter e Scrubs.

As preferencias cinematográficas dos usuarios de Mininova represéntaas o filme máis descargado, Transformers, que superou as 569.000 baixadas. O segundo posto ocúpao a comedia Knocked Up (estreada no Estado como Lío embarazoso), con 509.000. A listaxe complétana Shooter (O tirador), con 400.000, Piratas do Caribe na fin do mundo (379.000), Ratatouille (359.000), 300, Next, Arma fatal, O ultimátum de Bourne e Zodiac.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: