Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sustentabilidade ecolóxica e xustiza social

Amarante e Verdegaia unen esforzo: "sinerxias para transformar"

En tempos de "crise ecolóxica global", os dous colectivos xuntarán voz en favor do "cambio" na sociedade do país e para explicarlles aos galegos o que todos poden facer por "outro mundo posíbel".

Redacción - 09:30 08/12/2007

Fernanda Couñago pola parte de Amarante e Xan Duro como representante de Veredgaia foron os encargados este venres de explicar o acordo de colaboración entre os dous colectivos. Na procura de "cambios globais, estruturais, colectivos…" pero tamén na convicción de que hai que comezar por cambios "locais, parciais, individuais". "É necesario mudar hábitos, políticas e regras de xogo e isto só será posíbel con cidadanías fortes, organizadas e sensibilizadas, responsábeis, que pensen globalmente e actúen tanto local como globalmente", expoñen os activistas.

Verdegaia e Amarante queren así xuntar forzas para promover unha transformación social e global "baseada na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social" e subliñan que ese desafío "require de cidadanías fortes". "Construír unha cidadanía forte implica fuxir do localismo e a atomización; autoorganizarse e tecer redes, nacionais e transnacionais; desenvolver un traballo rigoroso, de cualidade e viábel, que supere o voluntarismo; xerar sinerxías que melloren a capacidade de análise, denuncia, difusión, mobilización, presión e desenvolvemento de alternativas", recollen.

Toda a información nas webs de Verdegaia e Amarante. O manifesto: Sinerxias para transformar.


4,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: