Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
IX Jogos dos Povos Indígenas

Sen marcas olímpicas, sen premios individuais, todos vitoriosos

A pasada semana clausurouse a novena edición deste encontro, cun chamamento á recuperación e conservación dos ríos pernambucanos Capibaribe e Beberibe.

Redacción - 10:00 09/12/2007

Os ríos pernambucanos Capibaribe e Beberibe precisan de axuda. A polución e o deterioro das marxes prexudican todo o ecosistema que deles depende. Coa petición de revitalización dos dous caudais clausurouse a novena edición dos Jogos dos Povos Indígenas, a pasada fin de semana.

Antonio Carlos Araomã, do pobo Pankararu de Pernambuco, leu para o público una carta elaborada entre todos os caciques: "Declaramos que ouvimos a voz da auga, da terra e dos ceos. Os ríos non poden ser o depósito do lixo da cidade. Non temos o dereito de utilizar deste xeito a natureza".

Tras unha semana de competicións, os xogos remataron sen marcas olímpicas e sen premios individuais; todos saíron vitoriosos. Neste período, os indios destacaron a necesidade de garantir os seus dereitos, preservar o ambiente e pór en valor a súa propia cultura.

"Rescate da autoestima"
Ao redor de 900 participantes de 44 etnias diferentes participaron neste encontro -organizado cada dous anos-, que se pechou coa cerimonia Terena de Kipaé (a Danza da Ema), cando os indios apagaron o lume sagrado.

Segundo Marcos Terena, dirixente do Comitê Intertribal-Memória e Ciência Indígena, grupo organizador do evento, o encontro entre as etnias e o pobo da cidade é positivo porque os primeiros se senten valorados. "É un proceso de rescate da autoestima. Moitos pobos nunca foran aplaudidos".


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Varias imaxes do evento. Arriba nunha proba, abaixo o cacique da etnia Bororo-Boe / Fotos: Agência Brasil
Varias imaxes do evento. Arriba nunha proba, abaixo o cacique da etnia Bororo-Boe / Fotos: Agência Brasil
Índias da tribo Kayapó
Índias da tribo Kayapó