Dende o consistorio consideran que é un xeito de loitar contra "un mundo absolutamente masculinizado"
O Concello da Coruña colocou cinco semáforos de peóns nos que aparece por primeira vez a figura dunha muller. A cidade herculina convértese na primeira de Galiza en dar este paso simbólico, a nivel estatal hai dous precedentes nas localidades de Fuenlabrada e Sagunto.
Os novos semáforos incorporan as últimas tecnoloxías en lentes que intercalan a figura do home e da muller. A concelleira de Igualdade, a nacionalista Margarida Vázquez, asegurou que o paso dado é importante xa que “estamos procurando saír dun mundo absolutamente masculinizado”.