Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón

Unha das probas da Copa de Europa celebrase en abril en Pontevedra

Estando Galiza entre as potencias mundiais do triatlón, non é raro que a organización escollese unha cidade galega para desenvolver unha das súas probas.

Redacción - 11:35 09/11/2007
Será a proba máis importante do triatlón disputada en Galiza

Será a proba máis importante do triatlón disputada en Galiza

O 20 de abril del 2008 Pontevedra vai acoller unha carreira da Copa de Europa, nun circuíto aínda non definido, mais que vai ser semellante ao que se faga en Lisboa, xusto tres semanas despois.

A federación galega, a española, o Concello de Pontevedra e a Dirección Xeral para o Deporte negociaron a posibilidade de traer a Galiza unha competición das grandes, e na cuarta feira a Unión Europea de Triatlón (ETU) aceptou.

Daquela, a de Pontevedra vai ser a proba máis importante de triatlón que se dispute en Galiza, e, segundo parece, o triatleta e Campión do Mundo, Xavier Gómez Noya xa asegurou a súa presenza na carreira.

Pode que veñan os mellores
Os mellores triatletas do mundo poderían concentrarse na cidade do Lérez ese mesmo día, xa que, tres semanas despois celébrase unha das probas máis importantes do campionato europeo deste deporte, a de Lisboa. De feito, a proba de Pontevedra vai ser a última antes de que se poña de veras en xogo o dominio do campionato continental.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: