Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Informe 2006

O MpDC critica a videovixilancia e actuacións policiais "desproporcionadas"

A análise realizada polo Movemento dos Dereitos Civís, sinala o dereito á intimidade, a liberdade de expresión e o dereito de petición coma os máis vulnerados en 2006.

Redacción - 09:00 09/11/2007

"O concello, incumprindo a normativa claramente, non tivo problemas en destinar varios destes dispositivos que controlaban o tráfico para vixiar a concentración dos traballadores do concello no Obelisco". Referíase así o delegado de Persoal da CIG no Concello da Coruña, Roberto Tizón, ao uso das cámaras de videovixilancia na cidade, un dos puntos denunciados no informe do Movemento polos Dereitos Civís, MpDC.

Tizón tamén puxo o exemplo da desigual actuación fronte ás manifestacións dos traballadores de Atento, na dos Bombeiros da Coruña ou na de persoal do concello, "onde houbo cargas continuas", e por outro lado a das mariscadoras, "que a pesar de cortar diariamente a estrada, non contaban con vixilancia policial". Motivos estes polos que desde o colectivo critican o comportamento "partidista e nada obxectivo" amosado polas administracións.

O MpDC queixouse así especialmente da actuación do concelleiro Florencio Cardador, a quen acusaron de ordenar "desproporcionadas actuacións policiais". Fronte a iso, destacaron que o subdelegado do goberno español na Coruña, Manuel Pose, "levou a cabo un cambio de tendencia moi notable" dende a súa chegada ao posto, baseado no "respecto polo dereito, máis intelixencia política, e mecanismos saudábeis de advertencia previa". Con todo, láianse dunha actuación concreta na que se detivo a todos os senegaleses que practican o top manta na rúa Real d'A Coruña, operación que cualifican de "actuación policial de espectáculo de cara aos medios e desproporcionada".


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: