Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AÍNDA POR DETRÁS DE HOTMAIL E YAHOO

Gmail 2.0 renóvase progresivamente

Velocidade, axenda lexible e maior almacenamento figuran entre as melloras

Redacción - 13:26 31/10/2007

As contas pasan progresivamente a unha "nova versión" (pódese regresar aínda á antiga activando un vínculo na parte superior dereita... se non se ve este vínculo é que a conta non se puxo aínda ao día).

O obxectivo consiste en acelerar o proceso. A mellora máis interesante é a relacionada coa axenda que deixa así de ser a parte débil de Gmail: presentación máis agradable, visualización máis completa da información e procura das direccións a medida que se mecanografíe.

Destaca o aumento progresivo do espazo dispoñible. Hoxe é de 4,5 Go. O paradoxo que é que logo de ser o primeiro sistema que ofrecía unha caixa de correos de 1 Go gratuíto, atópase por detrás de Hotmail que ofrece 5 Go e Yahoo que permite un almacenamento ilimitado de correos.

Os que desexan utilizar esta capacidade de almacenamento como disco duro virtual, poden intentalo con Gmail Drive ou outros programas indicados por Sizlopedia.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: