Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
O ACTOR É O DIRECTOR DO TEATRO OLD VIC DE LONDRES

Presidente Chávez recibiu ao actor Kevin Spacey

En horas da noite deste luns, o presidente venezuelano, Hugo Chávez, mantivo unha xuntanza informal de tres horas no Palacio de Miraflores co actor Kevin Spacey, quen é gañador de dous premios Oscar. O primeiro foille outorgado en 1995 como mellor actor de repartición pola súa actuación na película Sospeitosos habituais, e o segundo en 1999 como mellor actor en American beauty. O presidente venezuelano estivo co actor estadounidense Spacey, tal como o fíxo con Danny Glover e Sean Penn, quen manifestaron a súa vontade de coñecer de cerca a realidade venezuelana.

 

Xurxo Martínez Crespo - 11:24 25/09/2007

Kevin Spacey Fowler, naceu en South Orange, no estado de New Jersey. Finalizados os seus estudos escolares e logo dunha breve permanencia no colexio de actuación de Los Ángeles, marchou a New York.

En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando a un mensaxeiro na obra de Shakesperare Henry VI. Despois de diversas actuacións no teatro e de obter o premio Tony (1991), o cal é o equivalente ao Oscar no teatro, decide dedicarse ao cine.

Algúns dos filmes nos que participou son Superman returns, Cidade sen lei, Beyond the sea, A vida de David Gale, O mundo de Leland, Atando cabos, Criminal e decente, O peixe gordo, Negociador, Medianoite no xardín do ben e o mal, Tempo de matar, Sospeitosos habituais e Estoupido.

Ademais traballou en Vontade de ferro, Dobres parellas, Henry e June, O meu pai, Isto non é un secuestro, Non me berres, que non che vexo; Armas de muller e Acabouse o pastel.

Recentemente, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, un dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ao ano, e da que Spacey é tamén actor, ademais de director.


Spacey resalta franqueza de Chávez


Á saída da xuntanza d 3 horas co presidente venezuelano, Spacey asegurou ter unha moi boa conversa con Chávez pois "el foi honesto, e iso é algo moi bo na política".

Ao referirse especificamente a Venezuela, o actor comentou que tivo a oportunidade de coñecer a Villa del Cine e considerou que esta é unha iniciativa excelente, especialmente para os mozos.

Comentou que nestas instalacións, inauguradas polo Goberno Bolivariano o ano pasado, "os mozos teñen a oportunidade de crear as súas propias películas e aprender sobre como se fan as películas".

Agregou o actor, que recibiu dous premios Oscar, que "cada país debería ter a súa propia Villa del Cine. Isto significaría que o resto do mundo podería aprender de lugares onde nunca estiveron e mostrar o perto que estamos todos como seres humanos e como humanidade".

Comentou que esta iniciativa servirá "para unirnos no canto de separarnos, xa que as persoas sempre teñen diferentes puntos de vista en termos de política".


4,25/5 (8 votos)



Spacey e Chávez no Palacio de Miraflores
Spacey e Chávez no Palacio de Miraflores