Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Blogomillo

O Xabarín, ese axente secreto do 'separatismo'

A rede busca dobres mensaxes nos vídeos musicais do espazo infantil da televisión pública do país.

Redacción - 13:25 04/09/2007

A comunidade blogueira do país tivo que saír na defensa do Xabarín. Todo comezou nunha bitácora onde se criticaron os vídeos musicais do programa infantil da Galega, acusándoos de adoutrinar a mocidade e convertela nunha sorte de pequeno exército a prol da loita armada pola independencia da nación galega. A entrada acadou difusión a través do portal español de novas Menéame, onde algúns comentarios chegaron a extremos absolutamente esperpénticos.

A reacción retranqueira non se fixo agardar. O'Xirarei fixo no seu blog unha recompilación de posíbeis reinterpretacións paranoicas dos vídeos máis famosos do Xabarín Club. O blogueiro recoñece que a súa mente quedou apodrecida despois de ter sufrido os perniciosos efectos do programa televisivo“e inseriron a miña persoa nunha deriva nazi-onalista”. Algúns dos significados ocultos dos vídeos son:

  • Satélite Xabarín: mensaxes que, claramente, insisten na necesidade de liberarnos da opresión española e acadar a independencia tecnolóxica. Ademais (aínda que varios anos antes) apoia o proxecto de Emilio Pérez Touriño para crear un satélite propio.
  • Pode ser: un cantante drogado cre observar vacas voando e falando, atribuíndo os efectos do seu vicio aos extraterrestres. E todo isto, en horario infantil.
  • Tá-se bem na rádio: que dicir, por se non abondase con facer pequenos aprendices de Antxón Kintana, ademais búscase que sexan reintegratas e fumen drogas en Xamaica, indignante.
  • Socio, busco un socio: evidente chamamento marxista-leninista. "Un exército de berros... este berro para molar... Xabarín popular". Lavado de miolos mediante o cal se pretende que o conxunto dos nenos se afilien ao partido único e comecen a comer españois.


4,73/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: