Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLAROU NA CIDADE COLOMBIANA DE CARTAGENA DE INDIAS

Segundo Saramago :"A Chávez chámano populista por preocuparse polos pobres"

O premio Nobel de Literatura 1998, o portugués José Saramago, eloxiou onte en Cartagena de Indias (Colombia) o Goberno revolucionario do presidente venezuelano, Hugo Chávez, cuxo goberno é acusado de populista "porque se preocupa polos pobres". O escritor recoñeceu que "o populismo é algo que senta mal a un político", aínda que indicou que non ve esa conduta en Chávez.

Xurxo Martínez Crespo - 09:58 13/07/2007

"Non me parece que (Chávez) sexa populista. Iso é un pexorativo para alguén que se preocupa directamente e sen ningún disfrace pola mellora de clases que durante xeracións e xeracións non saíron da miseria", expresou o escritor portugués a xornalistas na cidade colombiana de Cartagena. En opinión de Saramago, Chávez "está usando dun xeito correcto a riqueza" cuxa otixe é o petróleo, do cal Venezuela é o quinto exportador mundial, pero como todo o mundo non ten a mesma visión, moitos acúsano de demagoxia.

O escritor recoñeceu que "o populismo é algo que senta mal a un político", aínda que indicou que non ve esa conduta en Chávez.

"O presidente Chávez é criticado moitas veces polo que algúns chaman o seu populismo. Aceptando iso como unha posibilidade, o asunto que hai que preguntar é que é ser non populista, que nos digan como chamar a alternativa", agregou.

Recordou, que "se Chávez está no poder é porque ten o apoio do pobo pois se presentou sete veces ás urnas e gañounas todas", nunha referencia ás eleccións e consultas populares nas que se impuxo o mandatario nos últimos anos.

"Non se pode dicir que tome por asalto o poder porque maiorías esmagadoras puxérono onde está e confirmárono no lugar que ocupa", anotou.

Saramago participa desde este xoves en Cartagena de Indias no Primeiro Encontro Internacional de Bolsas Líder, organizado pola Fundación Carolina, unha institución española dedicada a promover as relacións culturais e de cooperación educativa e científica entre o Estado español e Latinoamérica.


3,67/5 (3 votos)



José Saramago
José Saramago