Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Espazo aberto

Open.Vieiros: que nos contas?

Hai tempo que vos avanzamos do Vieiros Aberto. Aquí o temos: o lugar onde deixar a vosa noticia.

Redacción - 18:00 10/05/2007

De que vai isto?
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.

A túa noticia: como funciona?

O sistema é moi simple. Antes de nada: debes ser usuario rexistrado en Vieiros, ter un "Vieiros de meu". Para introducir a túa noticia, o primeiro paso é premer "Enviar unha nova". Aí entras nun editor moi sinxelo onde verás tres caixas: Título, Entradiña e Texto. Na parte de arriba de cada unha delas tes unhas ferramentas para poñer negriñas, cursivas, subliñados ou poñer links. Abaixo tamén están as correspondentes caixas a través das cales adxuntar fotografías ou documentos. En canto teñas o texto listo, preme o botón "Enviar". Na portada do Open Vieiros verás dúas columnas. Á dereita as informacións segundo van chegando ao editor. Á esquerda, as que van pasando a portada. A redacción de Vieiros encárgase de actualizala varias veces ao día.

A túa campaña
Aproveitando que entramos na campaña electoral das municipais, se cadra queres contarnos como vives os comicios no teu Concello. Algunha anécdota dos candidatos locais? Promesas incumpridas do teu alcalde? Carretaxe de votos, puntos de luz e asfaltados urxentes? Aquí podes contalo!


4,88/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: