Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARTICIPAN A USC E CENTROS DE BRASIL, MÉXICO, CHILE, MADRID E CATALUÑA

A rede internacional de incubadoras universitarias dirixirase dende Galiza

Carlos Hernández Sande, responsábel dos programas de emprendemento da Universidade de Santiago, dirixirá esta nova institución

Redacción - 17:05 08/05/2007
Vázquez Sande/Foto: alphasummiteurope.org

Vázquez Sande/Foto: alphasummiteurope.org

Crear un cento de empresas dende as universidades en cinco anos. Ese é o obxectivo da nova rede internacional de incubadoras universitarias e que será coordinada por Carlos Hernández Sande, director dos programas de emprendemento da Universidade de Santiago.

Así se acordou na primeira reunión deste organismo celebrada en Santander e na que participou o reitor Senén Barro. Ademais da USC, forman parte da rede as universidades de Barcelona, Autónoma de Madrid, Complutense, Pontificia Católica de Chile, Sãou Paulo, Nacional Autónoma de México e o Instituto Tecnolóxico de Monterrey .

Carlos Hernández Sande dispón dunha ampla experiencia no emprendemento, pois tamén é director do programa Uniemprende da USC e responsábel da sociedade de capital risco Unirisco.


4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: