Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
XERARÍAN MOITA MÁIS ENERXÍA

Empresas e universidades traballan para crear parques eólicos voadores

Este tipo de poxectos xa se avalían en Canadá, Holanda e EUA.

Redacción - 12:04 09/04/2007
Prototipo no que traballa Sky Windpower

Prototipo no que traballa Sky Windpower

Os parques eólicos do futuro quizais pouco teñan que ver cos que coñecemos agora. As empresas punteiras neste tipo de enerxía xa están a estudar a posibilidade de deseñar turbinas que poidan voar. Así aproveitaríanse os ventos máis fortes que se producen nas zonas elevadas da atmósfera. Cada planta contaría con catro rotores (semellantes aos dos helicópteros) para mantela no aire e á vez contaría cun amarre ao chan. A electricidade transmitiríase por cabos de aluminio.

Entre as compañías que xa traballan en prototipos está Sky WindPower (San Diego); Magenn Power (Canadá); e Wubbo Ockels, da Universidade de Tecnoloxía de Delft (Holanda). A principal vantaxe é que se conseguiría moita máis enerxía e por riba a un prezo máis económico.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: